publicidade hoxe

“Dance in remollo” na piscina de Pontecesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalPontecesures
A-
A+

23072013-7Organizada pola empresa Barbatana, concesionaria da piscina municipal de Pontecesures e coa colaboración do Plan de Prevención das Drogodependencias e o Concello de Pontecesures a “Piscina da Serea” ubicada nas inmediacións do peirao, acollerá unha festa mañan mércores 24 de xullo a partir das 21.00 horas e ata a medianoite.

Baixo o nome de “Dance in remollo” repítese esta actividade de ocio alternativo, que serealizou por primeira vez o ano pasado. Dirixida principalmente aos rapaces e rapazas de máis de doce anos, poderán disfrutar dunha festa moi veraniega, donde a auga e a música de dous Dj do pobo serán os auténticos protagonistas da noite.

Ademais, os participantes poderán refrescarse con cócteles saudables, sen alcohol, elaborados por persoal do Plan de Prevención das Drogodependencias, dirixido por Manuel Isorna. A entrada custa 3€, sendo válida a entrada retirada para desfrutar das instalacións pola tarde.

23 de xullo de 2013 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.