publicidade hoxe

Curso de “Coidados no entorno familiar” para coidadores non profesionais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LamaCotobadeForcareiFornelos de MontesLocalPonte Caldelas
A-
A+

O Concello da Lama acollerá este curso financiado no marco do proxecto europeo Envellecemento+Activo do Programa Europeo de Cooperación Transfronteiriza (POCTEP). Esta iniciativa enmárcase no programa “Xuntos nos Coidados” que contribúe á mellora da calidade dos coidados e da prestación de servizos de promoción de autonomía.

O curso está dirixido aos coidadores non profesionais de persoas con dependencia.

Asistirán 25 persoas dos Concellos da Lama, Cotobade, Fornelos de Montes, Ponte Caldelas e Forcarei.

O curso será impartido por un enfermeiro e por un psicólogo e estrutúrase en catro eixes: características do coidado e pautas para promover a autonomía, pautas para prestar coidados (hixiene persoal, a movilidade, a alimentación, o vestido, etc.), a saúde da persoa coidadora (identificar malestar, bucar o benestar, aprender a resolver problemas, autoestima, etc.) e apoio social nas situacións de dependencia (dereitos e deberes, servizos e prestacións do sistema para a autonomía, coñecer e previr a neglixencia ou a proteción legal da persoa en situación de dependencia, etc.)

Este ano inclúe como novidade un módulo de teleformación co obxectivo de facilitar a continuidade dos coidados ás persoas en situación de dependencia.

Terá lugar na escola taller do Concello da Lama, o xoves 4 e o venres 5 de xullo de 16.00  a 20.30 h.

3 de xullo de 2013 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.