publicidade hoxe

Concentración en Santa Comba en recordo ás vítimas do accidente de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSanta Comba
A-
A+
Concentración en Santa Comba

Concentración en Santa Comba

Santa Comba promoveu unha concentración veciñal en memoria das vítimas do accidente de Santiago e onde o alcalde, Antonio Landeira Gallardo, dou lectura a un manifesto “para expresar as nosas condolencias, unirnos nestes momentos de tristura a xente que está sufrindo, e ofrecer a nosa axuda no que sexa posible”.Tamén estiveron presentes a primeira tenente de alcalde, María José Pose Rodríguez, os portavoces municipais do PSOE, José Antonio Ucha Velo, Terra Galega, Javier Facal Calvo, e de Independentes por Santa Comba, Miguel Pérez Fernández e outros concelleiros da corporación local.

Ao acto sumouse o párroco local, xuíz de paz, presidente da asociación de empresarios, así como traballadores municipais e veciños de Santa Comba.Despois destes cinco minutos de silencio e da lectura do correspondente manifesto, Santa Comba segue cos días de loito establecidos pola Xunta de Galicia e tamén respaldados por esse municipio e coas bandeiras a media hasta.

26 de xullo de 2013 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.