publicidade hoxe

Chaián, en Trazo, acolle a XXIX Festa do Escalo na que colabora o Concello de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalSantiago de CompostelaTrazo
A-
A+

A parroquia de Chaián, no Concello de Trazo, celebra este domingo, 21 de xullo, a XXIX Festa do Escalo, un peixe similar á troita que se pesca no río Tambre. O Concello de Santiago colabora por segundo ano consecutivo nesta celebración de confraternidade entre os dous municipios. A festa contará cun concurso de ciprínidos, familia á que pertence o escalo. Haberá competición nas categorías infantil, xuvenil, damas, sénior e por equipos. Os pescadores concentraranse ás 8:00 horas no Bar Nieto, para saír ao río ás 9:00 horas e retirarse ás 13:30 horas. Logo do pesado das capturas, celebrarase o acto de entrega de premios en torno ás 14:45 horas.

Ao concurso seguiralle a tradicional romaría, amenizada musicalmente polo grupo de gaitas Os Xeitosos de Trazo e polo grupo musical Ilusión. Logo da comida, seguirá a verbena dende as 18.00 ata as 22:00 horas, novamente co grupo Ilusión. Ademais, poderase degustar polbo e haberá inchables para os máis pequenos.

19 de xullo de 2013 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.