publicidade hoxe

As Pontes organizará clases de spinning co fin de recolectar alimentos para ongs locais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesDeportesLocalLocal Portada
A-
A+

O Concello de As Pontes, xunto cos clubes Olympo de atletismo e o Clube de Ciclismo Vilalba – As Pontes, está  a organizar para a vindeira semana unha cita deportivo – solidaria e é que, os vindeiros días 16, 17 e 18 de xullo desenvolveranse nos Xardíns do Campo da Feira varias clases de spinning, unha modalidade de exercizo dirixido de carácter aeróbico e que está a gozar de gran popularidade entre a cidadanía en xeral.

O spining é unha modalidade de ciclismo estático no que se traballan todos os grupos musculares do corpo, a traverso de diferentes ritmos de velocidade ou de resistencia do pedaleo.

Así as cousas, mediante as directrices de monitores titulados que imparten clases do gimnasio pontés K-2, tamén colaborador desta cita, veciños e veciñas de todas as idades poderán desfrutar desta modalidade deportiva e dun xeito gratuíto xa que o único obxectivo desta cita é xuntar quilos de alimentos que, posteriormente, terán como destino unha organización non gubernamental.

Os tres días nos que terán lugar estas clases está previsto que se desenvolvan diferentes sesións dunha hora ou 40 minutos de duración, dependendo da demanda que se rexistre. As clases arrincarán ás 20.30 horas e nas mesmas poderán participar un total de 15 persoas por quenda, tendo que anotarse nos mesmos Xardíns do Campo da Feira o día desta actividade e facer entrega dun quilo de alimentos non perecedeiros.

Asemade, dende a organización recomendan que cada veciño que decida sumarse a esta iniciativa solidaria leve roupa deportiva cómoda, que transpire e calzado axeitado, ademáis dunha toalla para limpar a bicicleta ao rematar a sesión e, por suposto, agua coa que hidratarse durante esta actividade física.

Dende o executivo local animaron a toda a veciñanza a sumarse a esta entretida actividade física e que, tamén servirá para colaborar cunha boa causa, colaboración á que tamén se sumarán diferentes establecementos comerciais ponteses coma Óptica Carmela, Ximnasio K-2, La Fundación , F&k, Galiorient, Nexo Veterinarios e Matojoma.

11 de xullo de 2013 | 10:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.