publicidade hoxe

Arranca en Pontecesures a Escola Municipal de Verán de Baloncesto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalPontecesures
A-
A+

31072013-17A Escola de Verán de Baloncesto de Pontecesures comeza este mes de agosto para nenos e nenas nas categorías infantil, alevín, xunior e cadete. Os interesados poden  inscribirse no mesmo Pavillón Municipal de Deportes. As clases comezarán o 1 de agosto e impartiranse durante todo el mes de agosto polas mañáns de luns a venres e en diferentes horarios segundo as categorías.

Nesta ocasión, os adestradores dos equipos de baloncesto contarán coa axuda dun grupo de voluntarios deportivos, que participarán activamente nos entrenamientos. Este grupo de voluntariado está formado por rapaces aficionados ao deporte da canasta, comprometidos coa actividade e que ven en no deporte unha ferramenta para a creación de alternativas saudables de ocio e educación en valores, ao tempo que acadan formación como adestradores deportivos.

31 de xullo de 2013 | 13:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.