publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Aprobada no Consello da Xunta unha relación de 23 estradas de titularidade municipal en Oímbra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocalOímbra
A-
A+

O Consello da Xunta autorizou na súa reunión de hoxe o Decreto polo que se aproba a relación e clasificación de 23 estradas de titularidade municipal do Concello de Oímbra, na provincia de Ourense.

A Deputación Provincial de Ourense, con data 14 de xuño de 2013, por instancia do Concello de Oímbra, solicitou a Xunta de Galicia a aprobación da relación de estradas de titularidade municipal do devandito concello, coa petición de que fosen consideradas, para os efectos da catalogación, como redes secundarias, segundo o artigo 10.4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia.

Posteriormente, o 4 de xullo de 2013, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), emite informe favorable á proposta da rede viaria deste concello ourensán.

O artigo 6 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, atribúe ao Consello da Xunta a competencia para aprobar a relación e clasificación das estradas de titularidade das entidades locais, en defecto do correspondente plan.

18 de xullo de 2013 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.