publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta e o Concello de Chantada acordan traballar de forma conxunta na redacción do PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantadaGaliciaLocal
A-
A+

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas Díaz, trasladoulle ao alcalde de Chantada, Manuel Varela Rodríguez, a colaboración do seu departamento para que este concello lucense poida acadar a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Así, o manifestou no decurso dunha reunión técnica que a representante da Consellería de Medio Ambiente mantivo co rexedor municipal, a que asistiron os técnicos das dúas administracións.

Na actualidade o municipio de Chantada réxese por un Plan Xeral de Ordenación Urbana aprobado en 1985 e contratou a redacción dun novo documento en 1998. A secretaria xeral de ordenación esbozou un calendario de traballo do documento que pasa por una nova aprobación inicial polo Pleno Municipal a principios do vindeiro ano 2014 motivada polos cambios lexislativos que tiveron lugar durante o tempo que permaneceu parado.

Durante a exposición pública o concello deberá solicitar os respectivos informes sectoriais, os cales deben ser preceptivos e vinculantes. E a continuación incorporar no documento tanto as alegacións aceptadas durante o período de consultas, así como as resultas dos informes sectoriais. Previamente e antes de remitilo á Xunta para aprobación definitiva o PXOM debe de ser aprobado provisionalmente polo Pleno.

Encarnación Rivas trasladoulle ao alcalde de Chantada que o apoio da Xunta tamén se visualizará a través dunha nova achega económica de case 150.000 euros.

2 de xullo de 2013 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.