publicidade hoxe

A escritora María Gemma Romero presenta “El juicio de nuestros actos” o día 18 na Alianza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal
A-
A+

A escritora María Gemma Romero Perea presentará o vindeiro 18 deste mes no salón de actos da Alianza Aresana o seu último libro, “El juicio de nuestros actos”. A dito evento, que comezará ás oito da tarde, acudirán, por parte do Concello, o alcalde de Ares, Julio Iglesias, e o concelleiro de Cultura –que organiza esta actividade-, Eugenio Fernández, así como o director de comunicacións da Escola de Finanzas da Coruña, Álvaro Armada Luaces.

Ademais, a autora ofrecerá dous obradoiros ao longo do verán. O primeiro será impartido do 22 ao 31 de xullo e versará sobre técnicas de creación literaria. Dito curso, que durará hora e media por sesión e comezará ás oito da tarde, poderá ser realizado por persoas de 18 anos en adiante, cun máximo de 10 alumnos e alumnas.

O segundo, de introducción á novela e ao relato, impartirase do 5 ao 9 de agosto e, como o anterior, desenvolverase na Biblioteca Municipal. A duración das clases, horario e requisitos para participar son os mesmos que no de técnicas de creación literaria.

As persoas interesadas en recibir máis información ao respecto ou en inscribirse nalgún destes curso poderán chamar dende xa mesmo ao número 981 448 057, acudir á Alianza Aresana no seu horario habitual ou remitir ao correo nofumar2004@hotmail.com

8 de xullo de 2013 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.