publicidade hoxe

40 franceses da vila de Lesneven participan nun intercambio co Concello das Pontes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesLocalLocal Portada
A-
A+
O rexedor das Pontes co grupo francés

O rexedor das Pontes co grupo francés

Onte chegaba a As Pontes unha nova delegación de Lesneven , vila bretoa coa que se manteñen os intercambios an uais dende que se establecera a irmandade hai xa máis de dúas décadas.

Son case 40 os participantes neste novo intercambio con idades ben diferentes e que pasarán unha semana en As Pontes.

Hoxe o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, xunto cos concelleiros de Cultura, Sara Ramos; Servizos Sociais, José Alén e Turismo, Ana Pena, eran os encargados de presidir a tradicional recepción municipal a estes visitantes. Con eles os presidentes das irmandades pontesa e bretona, Antón Ferreiro e Claude Le Menn, ademáis das familias que, durante estes días, acollerán aos visitantes galos.

Na súa intervención, González Formoso non só daba a benvida a estes xa amigos e familiares vidos dende a Bretaña francesa, senón que tamén os animaba a desfrutar das xornadas de festa que aínda quedan por diante en As Pontes.

Asemade, e ante o anuncio realizado por Ferreiro e Le Menn de abandoar a presidencia de ámbalas dúas irmandades cando se alcancen os seus 25 primeiros anos de vida, González Formoso daba conta do apoio tanto da súa corporación coma dos gobernos vindeiros aos que ocupen nun futuro a presidencia desta Irmandade As Pontes – Lesneven.

E é que o primeiro edil definía xa esta relación coma a dunha auténtica familia e da que o mesmo González Formoso desfrutaba o pasado ano, na súa visita á Lesneven.

Pola súa parte, Claude Le Menn daba conta da súa gratitude co pobo de As Pontes, personificando no primeiro edil e calificando aos veciños e veciñas de As Pontes coma a súa propia famlia. De feito, Le Menn apuntaba o sentirse moi orgulloso de vivir a transformación do que fóra a mina de lignito no lago que é actualmente.

Co tradicional intercambio de agasallos remataba esta recepción oficial pero non así a axenda apretada que terán os veciños de Lesneven durante estes días xa que está previsto que participen mañá na Romaría da Fraga ao que se sumarán visitas a Valdeorras, O Bierzo, e As Mariñas, xunto con actividades organizadas polo propio comité como encontros deportivos o gastronómicos.

Non podía faltar a tarde no lago, para o que escolleron a data do venres, logo de visitaren o Museo Etnográfico de Monte Caxado.

O martes será a despedida oficial para partiren a primeira hora da mañá do mércores 31 e comezar a preparar a recepción do verán que ven en que tocará ir a Lesneven.

24 de xullo de 2013 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.