publicidade hoxe

Redescubrindo a Vía Romana XVIII, Geira ou Vía Nova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBandeLocal
A-
A+

Trátase dunha actividade inspirada pola Fundación Aquae Querquennae-Vía Nova, promovida, na edición de 2013, polos municipios de Braga, Amares e Terras Bouro e organizada por Turismo Vivencial Geres, sendo o obxectivo principal, aparte da vertente lúdica, inducir ao público en xeral, e sobre todo aos amantes da historia, a coñecer o importante legado romano deixado na vía XVIII do Itinerario de Antonino, Vía Nova ou Geira, así como nos establecementos da mesma época e posteriores que dela dependeron ou con ela se relacionaron. Por outra parte, o decurso de dita ruta discorre por paraxes de valor ecolóxico incomparable, bastando dicir que transita por tres parques naturais entre o seu punto de inicio, Braga, e o final, Astorga. Nesta ocasión o recorrido farase durante dous fins de semana, fixándose como meta recorrer 39 millas romanas, isto é, uns  60 kilómetros actuais. Por outra parte, e ao largo do recorrido, iranse impartindo en lugares determinados explicacións puntuais sobre pontes, pavimentos, miliarios etc. que non dubidamos serán do agrado de moitos dos camiñantes.

Resulta indispensable, por outra parte, gozar dunha boa saúde para poder recorrer a ruta que, en xeral, non ofrece dificultades maiores. Poden ampliar información e realizar a súa inscrición nos seguintes correos electrónicos: antonio.rodriguez.colmenero@usc.es  ou jmanuelsobrado@gmail.com

28 de xuño de 2013 | 13:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.