publicidade hoxe

Programa de voluntariado no Concello de Piñor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPiñor
A-
A+

06062013-9O Concello de Piñor informa da posta en marcha do Programa de Voluntariado INTEGRA, dentro do Servizo de Voluntariado Xuvenil Municipal. Nel poden participar mozos e mozas de entre 18 a 30 anos, que podan doar algo do seu tempo para axudar ós demais, máis concretamente a dous colectivos, persoas maiores e inmigrantes.

Moitas veces unha persoa non se anima a inscribirse en voluntariado por ignorancia e, sobre todo, por certas crenzas erróneas como por exemplo, crer que hai que adicar moito tempo, que se algún día non podes trae problemas, etc. Dende a Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Piñor quérese deixar constancia de que este tipo de crenzas son totalmente erróneas, pois en voluntariado é sempre a persoa a que escolle horario e días de dedicación, pois non se trata de un traballo senón dun tempo que esa persoa considera que pode doar ós demais, e que será o que ela mesma marque. En canto á ausentarse algún día non hai problema algún, enténdese que todo o mundo ten a súa vida e poden xurdir tamén complicacións, o único que se require é avisar de dita ausencia e un compromiso, é dicir, non faltar continuamente, pero simplemente para non perxudicar ós beneficiarios das actividades.

A partir do 1 de xullo poñerase en marcha INTEGRA, un programa de voluntariado composto por 3 actividades:

– NO FOGAR: acompañamento no domicilio a persoas maiores. Unha dificultade moi arraigada nos municipios rurais é o illamento social de moitas zonas, ó que hai que engadir que un proceso de envellecemento baseado na soidade pode traer consigo moitas dificultades que, de ter a estimulación social e cognitiva axeitada, non pasaría, sen falar xa da importancia do apoio social. A persoa voluntaria realizará tarefas como: pasear, xogos, estimulación cognitiva, etc, sempre dependendo das habilidades da persoa voluntaria e das necesidades da persoa maior. Trátase dunha labor moi bonita e que o ano pasado xa se levou a cabo dende este concello, mediante 3 voluntarias e beneficiando a 4 domicilios.

– NA REDE: clases de informática a persoas maiores. Serán de luns a xoves en horario de 18:30h a 20:00h, aínda que se terá en conta a dispoñibilidade das persoas voluntarias. O obxectivo é ensinar o manexo do ordenador e sobre todo de internet, demostrándolle ós nosos maiores quer nunca deixamos de aprender cousas novas.

– NA FALA: clases de castelán e galego a inmigrantes. Serán de luns a xoves de 20:00h a 21:00h, aínda que se terá en conta a dispoñibilidade das persoas voluntarias. O obxectivo é axudar ós inmigrantes a comunicarse mellor, de forma que o idio a deixe de ser unha barreira para a súa integración social ou laboral.

Dende o Concello de Piñor animamos ós mozos e mozas de entre 18 a 30 anos a inscribirse como voluntarios, pois ademais de facer unha gran labor social recibirán dietas por desprazamento e un certificado por parte da Xunta de Galicia, o cal a nivel de curriculum vitae na actualidade pode ser de gran utilidade, nun momento no que a oferta laboral non é a idónea. Para máis información e inscrición en Servizos Sociais ata o 21 de xuño.

Por outra banda, as persoas maiores interesadas en recibir clases de informática ou acompañamento no domicilio poden comunicalo en Servizos Sociais ata o 28 de xuño, ó igual que os/as inmigrantes interesados/as en clases de castelán ou galego. Recordar que tódalas actividades son GRATUITAS.

6 de xuño de 2013 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.