publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os talleres de memoria de Paderne visitan Chelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPaderne
A-
A+
Participantes no taller de memoria

Participantes no taller de memoria

As persoas que asistiron ós talleres de memoria que o Concello de Paderne realizou nas parroquias de Viñas e Paderne, remataron o curso cunha visita ó novo Centro de Interpretación da Natureza de Chelo acompañados polo Alcalde, César Longo.

Esta zona, que linda co Concello de Paderne, era moi frecuentada fai uns anos por moitas das persoas que integraban o grupo; o principal motivo era facer uso dos muíños que había nas beiras do río, polo que esta visita revivía vellos recordos neles.

Despois de escoitar as explicacións da monitora, que aportaban unha visión máis enriquecedora, tanto do propio río como da riqueza que xera, visitar tódalas salas ollando os distintos paneis explicativos e as diversas vitrinas, todo o grupo puido dar un agradable paseo polo entorno cruzando a ponte cara á marxe de Paderne vendo así as melloras que se realizaron neste importante coto de pesca.

19 de xuño de 2013 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.