publicidade hoxe

Os rexedores de Verín e Vilardevós entregan os diplomas do obradoiro de emprego ‘Pozo do Demo’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVerínVilardevós
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

Os alcaldes de Verín e Vilardevós, Juan Manuel Jiménez Morán e Manuel Cardoso Pérez, e o xefe de Servizo de Promoción de Emprego, Antonio González Amaro, entregaron esta mañá os diplomas aos/ás  alumnos/as do obradoiro de emprego ‘Pozo do Demo’.

O obradoiro ‘Pozo do Demo’, realizado desde decembro de 2012 ata xuño deste ano, tivo por obxecto a formación de 26 persoas desempregadas de ambos municipios, nas áreas de xardinería, carpintería e axuda a domicilio. Nesta iniciativa conxugouse a formación ocupacional coa práctica profesional, coa finalidade de capacitar aos/ás alumnos/as para o desempeño axeitado do oficio aprendido e lograr un maior acceso ao mundo laboral  -tamén facilitou a obtención da titulación de Educación Secundaria Obrigatoria a alumnos/as participantes-. “É unha experiencia educativa e laboral que permitiu impulsar a vosa formación, a adquisición de experiencia e a realización de actuacións relacionadas coa recuperación do patrimonio, rehabilitación de contornos naturais, e acondicionamento de infraestruturas de titularidade pública ”, subliñou o rexedor verinense.

A actuación do obradoiro de emprego ‘Pozo do Demo’, realizada polos 18 alumnos/as de xardinería e carpintería, permitiu a recuperación e rehabilitación do ‘Camiño de Carros’, unha antiga vía que comunicaba o núcleo de Cabreiroá (Verín) co de A Veiga das Meás (Vilardevós). Devandito camiño, que antes do inicio do obradoiro atopábase desaparecido nalgúns tramos polo crecemento da vexetación, está situado no contorno natural do Pozo do Demo -un lugar de atractivo paisaxístico na zona-, e no mesmo realizáronse actuacións de limpeza, desbroce e retirada de escombro e broza, regularización e estabilización de pavimentos, implantación de sinalética no mesmo -e mesas interpretativas da fauna, flora e historia do lugar-; colocación de valado de madeira, escaleiras ou pasos de madeira tratada naquelas zonas nas que existan fortes desniveis podendo así aportar seguridade aos/ás sendeiristas, así como a execución e colocación de bancos de madeira tratada nas zonas de lecer destinadas a miradoiros.

Mentres que no módulo de axuda a domicilio participaron un total de 8 alumnos/as, que ademais de recibir clases teóricas nos distintos ámbitos de axuda a domicilio, efectuaron prácticas na Residencia de Anciáns Santa María e en domicilios das persoas demandantes deste servizo nos dous municipios. Todo co obxecto de realizar actividades destinadas á atención das necesidades básicas dos/as usuarios/as, nos temas de aseo e atención persoal, atención doméstica, limpeza e mantemento da vivenda, acompañamento ós servizos sanitarios e outras xestións que poidan xurdir no facer diario das casas e na vida dunha persoa.

21 de xuño de 2013 | 11:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.