publicidade hoxe

O monologuista Luis Piedrahita colgará o cartel de cheo este venres no teatro Jofre de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

O humorista coruñés Luis Piedrahita ofrecerá o seu espectáculo de monólogos “El castellano es un idioma loable, lo hable quién lo hable” este venres día 7 no Teatro Jofre. A función comezará ás 20:30 horas e está enmarcada no programa da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado.

Neste espectáculo, “ rei das cousas pequenas xoga coas súas palabras e coas do público improvisando gracias ás suxestións e deixándoos participar. Luis Piedrahita, mago das palabras, volve subir aos escenarios para levarnos ao seu mundo tan peculiar e divertido. O humorista colabora nos programación de televisión “El Club de la comedia” e “El Hormiguero”.

A demanda de entradas para este espectáculo de monólogos está a ser moi elevada. A día de hoxe, a falta de dous días para a cita, dos 556 asentos que conforma na capacidade do Jofre soamente quedan dispoñibles 11. Así pois, as persoas interesadas en asistir ao espectáculo do cómico no teatro ferrolán aínda están a tempo de adquirir a súa entrada, ben a través de internet –na páxina oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural)-, ou no despacho do Jofre ata o mesmo día (no caso de que para entón aínda haxa butacas dispoñibles).

5 de xuño de 2013 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.