publicidade hoxe

O Concello de Bande dispón para os seus veciños, de forma gratuita, do servizo de mensaxería web

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBandeLocalLocal Portada
A-
A+

O Concello de Bande ven de poñer en marcha o servizo de mensaxería web para comunicar a través de sms as actividades culturais, deportivas, educativas, etc programadas ao longo do ano.

Este servizo, sen custo algún para os solicitantes, permitirá que tódolos veciños de Bande que dispoñan de móbil poidan acceder ao programa de actividades do concello dunha maneira rápida e gratuíta.

As persoas interesadas poden solicita-la alta neste servizo nas oficinas municipais en calquera momento.

Queda aberta a posibilidade que nun futuro o programa poida ser ampliado a outro tipo de actividades ou servizos que ofrece o concello.

21 de xuño de 2013 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.