publicidade hoxe

Inauguración roteiro castrexo de Vilela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBandeLocal
A-
A+

A Asociación Cultural Sementeira de Vilela, coa colaboración do Concello de Bande e a Excma. Deputación Provincial de Ourense, inauguran maña, sábado 8 de xuño, ás 10:00h, o “Roteiro Castrexo de Vilela”.

Para a súa inauguración contarase coa presenza do Presidente da Excma. Deputación Provincial de Ourense, D. Xosé Manuel Baltar Blanco, o
Alcalde do Concello de Bande, D. José Antonio Armada Pérez, así coma os directivos e membros da Asociación Cultural Sementeira de Vilela,
encabezada por D. Manuel Rivero Pérez.

A actividade programada será unha visita guiada polo arqueólogo e director do proxecto de recuperación do roteiro, D. David Pérez López, e que percorrerá os castros da Croa e Pena Maior e o Penedo do Mouro.

7 de xuño de 2013 | 20:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.