publicidade hoxe

II Curso de Iniciación á Apicultura Profesional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BolaLocal
A-
A+

II CURSO DE  INICIACIÓN Á APICULTURA PROFESIONAL, para pequenos e medianos abelleiros e para novos apicultores.

Datas: 15,16,22,23,29 e 30 de xuño

Horario: 9:30h. a 13:30h. e de 16:30h. a 20:30h.

Lugar: Salón de actos do Concello (Baixo do Concello)

Prezos do curso:  10€ por cada sábado

–  Se estás no paro será de 5€ por cada sábado.

–  Para alumn@s de centros oficiais será de 5€ o curso completo. Os que traian as notas con todo aprobado será gratuito        o curso completo. 

Programaranse as clases prácticas básicas dependendo da climatoloxía.

O programa será explicado por: Rosa Zorita (Socióloga e abelleira), Davide Castiñeiras (veterinario e abelleiro), Edgar Gómez (economista e abelleiro) e Román Cid (Abelleiro).

Organizan: Concello de A Bola e Asociación Apis Mellífera Ibérica

Información e inscripción chamando ó teléfono : 988 45 12 93  , 988 55 20 23 ou no email: apimeliber@yahoo.com

PROGRAMA

Sábado 15 de xuño

Determinar o tipo de explotación e instalar o apiario

O sector apícola, medio físico e flora apícola

– Evolución da apicultura

– Individuos da colmena

– Apicultura e Medio Ambiente

– Modelos de explotación

Acondicionamento e preparación do terreo para a instalación do apiario

– instalación

– Zona de pecoreo das abellas

– Necesidades básicas hídricas e alimenticias das colmenas.

– Medios, equipos, máquinas e ferramentas utilizados para o acondicionamento e preparación do terreo. Equipos de protección individual (EPI’s)

Domingo 16 de xuño

Introdución á cría de nais. Técnica do Método de Cloake

Sábado 22 de xuño

Operacións de manexo do apiario

Alimentación de colmeas

– Necesidades fisiolóxicas das abellas

– Alimentación de mantemento e estimulación

– Produtos e técnicas de aplicación

– Evolución da colonia e resultados da alimentación

Multiplicación do apiario

– Enxameazón natural e artificial

– Criterios de selección de nais

– Técnicas e procedementos de división de enxames

– Técnicas e procedementos de renovación de nais

Mantemento do apiario

– Calendario apícola

– Ventaxas e inconvintes dos distintos tipos de colmeas

– Afumado de colmeas

– Métodos e técnicas de mantemeno

– Preparación de enxames para a invernada

– Mantemento do entorno do apiario

Domingo 23 de xuño, (de 10:00h. a 12:30h.)

Cría de nais

Sábado 29 de xuño

Traballos sanitarios do apiario

– Defensa sanitaria

– Enfermidades da cría

– Enfermidades da abella adulta

– Enemigos dos enxames

– Sintomatoloxía

– Protocolo de recollida de mostras

– Medidas profilácticas e de control

– Sanidade preventiva

Economía apícola

– Proxectos de instalación de producción, de selección e cría.

– Explotacións apícolas de polinización ou ben mixtas

– Empresas de envasado e/ou comercialización de produtos apícolas

– Empresas comercializadoras de produtos empregados na apicultura

– Recursos financieiros

Obtención e acondicionamento dos produtos das colmeas

– Obtención e acondicionamento dos produtos apícolas

– Operacións de evasado e almacenamento de mel, pole, propóleos e xalea real

Domingo 30 de xuño (de 10:00h a 12:30 h.)

Cría de nais

13 de xuño de 2013 | 12:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.