publicidade hoxe

Educación na seguridade en internet o mércores 26 de xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BolaLocal
A-
A+

O próximo mércores día 26 de xuño ás 11:00h. o Concello de A Bola ofrecerá unha charla sobre seguridade en Internet destinada a toda a poboación en xeral co obxectivo de educar e orientar no uso axeitado, responsable e seguro dos recursos que Internet nos ofrece.

O responsable de impartila será un profesional enxeñeiro informático que informará ás persoas asistentes tamén sobre como evitar posibles perigos e consecuencias de aspectos que non coñecemos de recursos como son as Redes Sociais como poden ser Facebook, Twitter, Tuenti, etc. de uso moi estendido especialmente na poboación máis xoven.

Considérase interesante por tanto a participación na mesma de xóvenes e adolescentes xunto cos seus pais, nais, titores/as, etc. fomentando así a sensibilización e prevención dende o seo familiar.

O lugar de realización de dicha charla é a aula situada no baixo do edificio do Concello e dará clausura ao presente curso da Escola de Nais e Pais.

19 de xuño de 2013 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.