publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Convocadas as axudas de fomento do emprego en empresas de promoción do cooperativismo e de economía social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArangaLocal
A-
A+

O DOG nº 116 de data de 19 de xuño de 2013, publica a Orde do 11 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

Esta orde recolle distintos programas coa finalidade de promover a incorporación de persoas desempregadas ás entidades de economía social e apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación deste tipo de empresas, establecendo axudas para os seguintes conceptos:

-Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, este programa está dirixido a fomentar a incorporación de persoas desempregadas e traballadores/as con carácter temporal, como socios/as traballadores/as ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido.

-Fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a, este programa está destinado a financiar parcialmente a achega ao capital social que debe desembolsarse para a incorporación como socio/a traballador/a ou de traballo de cooperativas e sociedades laborais.

-Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica, este programa está destinado a facilitar a posta en marcha de proxectos empresariais, tanto de nova creación como os xerados polas entidades existentes. Neste programa poténciase especialmente os procesos de asesoramento e de acompañamento das novas iniciativas empresariais dentro da fórmula de economía social.

O prazo para concorrer a estas subvencións remata o próximo 19 de xullo de 2013.

27 de xuño de 2013 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.