publicidade hoxe

Apertura estival do centro de interpretación Aquae Querquennae – Vía Nova en Bande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBandeLocal
A-
A+

De cara a chegada masiva de visitantes na época estival  o Centro de Interpretación Aquae Querquennae – Vía Nova sito en Porto Quintela (Bande) abrirá as súas portas os meses de xullo, agosto e setembro.

Os visitantes poderán acceder ao centro en horario de 11:00h. a 13:00h. e de 16:30h. a 19:30h, de mércores a domingo os meses de xullo e setembro e de martes a domingo o mes de agosto.

A planta superior do centro alberga a exposición permanente que trata de narrar os avatares do pobo galaico-romano dos Quarquernos,que habitaban as terras do entorno, entre O Vieiro e o val do Salas, de norte a Sur, e A Limia e serras de Santa Eufemia e Xurés, de este a oeste.

A planta baixa fai un percorrido pola Vía Nova, dende Braga a Astorga.

21 de xuño de 2013 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.