publicidade hoxe

Actividades de verán 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalZas
A-
A+

FESTA INFANTIL

Descrición da actividade: Unha tarde de diversión con diversas actividades como circuíto de trikets, pista americana, diversos inchables, tobogáns acuáticos, cama elástica, futbolín humano, touro mecánico, festa da espuma, sorprendentes xogos de habilidade para tódalas idades, obradoiros, etc,…

Observacións: É necesario traer o bañador para as actividades acuáticas

Destinatarios/as: Nenos e nenas de tódalas idades do concello de Zas

Lugar onde se realiza: Campo de fútbol e piscina municipal de Zas

Horario: 16h a 20h

Data: Sábado, 22 de xuño

Nº de prazas: Sen límite

Prezo: De balde

DIVERVERÁN

Descrición da actividade: Xogos, dinámicas, obradoiros, etc… para os/as máis pequenos/as

Destinatarios/as: De 5 a 12 anos

Lugar onde se realiza: Centros socioculturais de Baio e Zas

Horario: de 11h a 13h

Datas: 2,3,4, e 5 de xullo (Baio) e 9,10,11 e 12 de xullo (Zas)

Nº de prazas: 30 por localidade

Prezo: 3€ empadroados/as e 5€ non empadroados/as

Inscricións: Ata o 1 de xullo (Baio) e 8 de xullo (Zas)

CURSO DE PIRAGÜÍSMO

Observacións:É obrigatorio saber nadar. Imparte CDM Piragüísmo Dumbría

Destinatarios/as: A partir de 8 anos

Horario: De mañá, por concretar

Datas: 2 días á semana en xullo, con posibilidade de ampliar a agosto

Nº de prazas: Limitadas. Mínimo 8

Prezo: 25€ e 10€ da licenza empadroados/as e non empadroados/as

Inscricións: Ata o 1 de xullo

ESCOLA DE TENIS

Descrición da actividade: Impartido por Tenis Saborido SC

Destinatarios/as: Maiores de 8 anos

Lugar onde se realiza: Pista polideportiva de Zas

Horario: Martes e xoves de 16h a 17h

Datas: Xullo e agosto

Nº de prazas: Limitadas. Mínimo 16

Prezo: 25€ empadroados/as e non empadroados/as

Inscricións: Ata o 1 de xullo

CURSO DE NATACIÓN

Destinatarios/as: Tódalas idades

Lugar onde se realiza: Piscinas municipais de Zas e Baio

Horario: A concretar cos monitores/as

Datas: Xullo e Agosto

Prezo: De balde

Inscricións: No Concello

CURSO DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE

Requisitos: Maior de 18 anos; Graduado ESO, Graduado escolar ou equivalente; Técnico Auxiliar en FP ou equivalente

Horario: De luns a venres de 9h a 14h.

Datas estimadas: Do 1 de xullo ao 28 de agosto

Prezo: 250€

Información e inscricións: No Concello ou no 981.708.303

CURSO DE INFORMÁTICA BÁSICA

Destinatarios/as: Nenos/as de 1º e 2º ciclo de Primaria

Horarios: Luns, mércores e venres de 10h a 11:30h (Zas) e de 12h a 13:30h (Baio). Do 1 ao 19 de xullo

Prazas: 15 por localidade

Prezo: 10€

Inscricións: Ata o 28 de xuño

IX CONCENTRACIÓN DE MOTOS CLÁSICAS

Descrición da actividade: Realizarase un percorrido en moto clásica. Haberá agasallos entre os/as participantes despois do xantar, en Zas.

Lugar: Saída de Baio. Cruce de Laxe (Avda. Xeneral Vidal Ríos)

Hora: 9:30h

Percorrido: Baio – Senande – Fervenza do Castro – Praia de Lago – Faro de Laxe – Zas

Data: Domingo, 28 de xullo

Prezo: 5€ condutor/a e 5€ acompañante, que se ingresarán no nº de conta: 0075 8555 53 0700147339 indicando a/as persoa/s que fan o ingreso. Quen non o faga antes do 24 de xullo non terá dereito ao xantar reservado no restaurante.

Inscricións: Ata o 24 de xullo no Concello, 698 178 654 ou 619 376 793

CAMPAMENTO (3 días)

Descrición da actividade: Pasaremos dúas noites fóra da casa. Faremos xogos e actividades como tirolesa, torre de escalada, tiro con arco, piragüismo, liga de paintball, sendeirismo con orientación, circuíto multiaventura de altura, veladas, e moito máis.

Destinatarios/as: De 7 a 14 anos

Datas: 22,23 e 24 de xullo

Nº de prazas: 30

Prezo: 40€ empadroados/as e 80€ non empadroados/as

Inscricións: Ata o 19 de xullo

CURSO DE TIRO CON ARCO

Destinatarios/as: Maiores de 8 anos

Lugar onde se realiza: Campo de fútbol de Zas

Horario: De 11h a 13:30h

Datas: sábados 13 e 20 de xullo

Nº de prazas: Limitadas

Prezo: De balde

Inscricións: Ata o 12 de xullo

SEMANA CULTURAL

Descrición da actividade: Teatro, música, obradoiros, exposicións, artesanía, concertos,etc

Datas: Do 28 de xullo ao 4 de agosto

OS VENRES A PÉ

Descrición da actividade: rutas de sendeirismo, de balde, para os/as máis novos/as polo Concello de Zas.

Destinatarios/as: Maiores de 7 anos

Observacións: Roupa e calzado cómodo. A auga e a comida vai por conta dos/as participantes.

Datas: 9, 23 e 30 de agosto

Inscricións: Ata o día anterior á realización da ruta

Saída: Praza do Concello ás 10h.

EXCURSIÓN AQUAPARK DE CERCEDA

Descrición da actividade: Unha xornada  que os pequenos/as e mozos/as pasarán  no Aquapark de Cerceda

Observacións: Deberán levar comida e merenda, bañador, toalla,  chanclas e crema solar. Non é necesario o gorro de piscina

Destinatarios/as: De 8 a 16 anos

Lugar onde se realiza: Aquapark en Cerceda

Horario de saída: 10h (Zas) e 10:15h (Baio)

Horario de chegada: 20h aprox.

Data: luns, 12 de agosto

Nº de prazas: 100, segundo orde de inscrición

Prezo: 5€ empadroados/as e 10€ non empadroados/as

Inscricións: Ata o 8 de agosto

XORNADA DO DEPORTE DE AVENTURA PARA ADULTOS/AS

Descrición da actividade: Ao longo dunha xornada poderase desfrutar de diversos deportes de aventura como tirolesa, torre de escalada, rappel, liga de paintball, etc,…

Observacións: Non se inclúe o xantar nin o desprazamento ata as instalacións de Naturmaz, que será por conta dos/as participantes

Destinatarios/as: Maiores de 14 anos e adultos/as

Horario: Todo o día

Datas: Sábado, 10 de agosto

Nº de prazas: 30

Prezo: 20€ empadroados/as e 35€ non empadroados/as

Inscricións: Ata o 8 de agosto

DÍA DA BICI

Descrición da actividade: Realizarase un percorrido en bicicleta polo concello durante unha mañá rematando a actividade cun xantar de convivencia

Observacións: É obrigatorio o uso de casco

Destinatarios/as: Maiores de 6 anos

Lugar onde se realiza: Arredores do concello

Horario: Saída da praza do Concello ás 10h.

Data: Domingo, 18 de agosto

Nº de prazas: Sen límite, pero é obrigatorio realizar a inscrición

Prezo: De balde

Inscricións: Ata o 14 de agosto

ZASPATEANDO. ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS

Descrición da actividade: Levaranse a cabo roteiros interpretativos e outros xogos dende unha perspectiva respectuosa co medioambiente

Destinatarios/as: De 5 a 12 anos

Lugar onde se realiza: Centros Socioculturais de Baio e Zas

Horario: 11h a 13h

Datas:  19 e 20 de agosto (Zas) e 21 e 22 (Baio)

Inscricións: Ata o 14 de agosto en Zas e ata o 20 de agosto en Baio

Nº de prazas: 30 por localidade

Prezo: 3€ empadroados/as e 5€ non empadroados/as

XXVI TROFEO DE FÚTBOL CONCELLO DE ZAS

Datas: Agosto

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:

 ZAS: no Centro Sociocultural (981 751 398)

BAIO: no Centro Sociocultural (981 718 056)

Horario: de luns a venres de 9:30h a 14h

Prazo: A partires do MARTES, 25 de XUÑO

É obrigatorio entregar a solicitude de inscrición e realizar o pago das actividades antes do seu inicio.

As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de chegada.

As persoas non empadroadas participarán sempre e cando non se cubran as prazas coas persoas empadroadas no Concello de Zas.

19 de xuño de 2013 | 10:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.