publicidade hoxe

Actividades da aula municipal de informática de Celanova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanovaLocal
A-
A+

CURSO: “ Leva as túas contas con facilidade. LibreOffice Calc” (Continuación)

Días: 3 e 7 de xuño

Horario: 10:00 a 12:30h.

CURSO: “Mecanografía” (Continuación)

Días: 3, 4 e 5 de xuño

Horario: 16:30 a 18:00 h.

SEMINARIO: Actividades por Videoconferencia

Actividades realizadas por videoconferencia e organizadas polo “Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)” da Consellería de Traballo e Benestar, para dar a posibilidade ós interesados que non se poidan desplazar a Santiago.

SEMINARIO: “A aventura de crear un xogo. Novos retos e formas de xogar”

Día: 4 de xuño

Horario: 09:30 a 13:30h

CURSO: “Redes sociais e comunicación 2.0”

Realizado pola Dirección Xeral De Xuventude e Voluntariado Galego (Videoconferencia).

Esta actividade formativa terá lugar presencialmente dende o salón de actos do CNTG en Santiago de Compostela e poderá ser seguida por videconferencia na aula CeMIT DE Celanova.

PROGRAMA:

Data: Mes de xuño durante todas as tardes do xoves e venres do mes de xuño

Horario: 16:00-20:00 (xoves e venres pola tarde)

Modalidade: Presencial

Tipoloxía: Actividade dunha entidade colaboradora 

Parte I: Redes sociais e comunicación 2.0 (6 e 7 de xuño)

▪ Da web tradicional á web 2.0

▪ Os medios sociais: blogs, foros, agregadores de noticias, microblogging, podcast e video on-line, comunidades e widgets.

▪ Principias medios sociais en España: Linked-In, Tuenti, Facebook, Twitter, Flickr, Youtube, Slideshare, Menéame y Technorati.

Parte II: Identidade dixital (13 e 14 xuño)

▪ Como construir unha marca persoal

▪ Identidade dixital e emprego 

Parte III: Community manager (20 e 21 xuño)

▪ ¿Que é un community manager?

▪ Ferramentas básicas para un community manager

▪ Nocións básicas de posicionamento en buscadores (SEO e SEM)

▪ Xestión da reputación on-line e medición do SMO 

Parte IV: Crowdfunding (27 e 28  xuño)

▪ Novos sistemas de financiación a través das redes sociais. Plataformas de Crowdfunding

NOTA: Estes cursos poderan ser realizados en formato presencial no CDTIC ubicado no  Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia CNTG (Santiago de Compostela) ou a través de videoconferencia na aula CeMIT (Celanova)

CURSO: “Iniciación á informática”. Módulo III (perfecionamento)

Tipo de actividade:Continuación do curso de formación de alfabetización dixital, asentando contidos xa vistos, e adquirindo destrezas na manipulación básica dun computador, e profundizando na búsqueda de información pola internet sácando o máximo partido……..

Destinatarios: Persoas con coñecementos básicos de informática que xa asistiron a cursos de iniciación e queren continuar adquirindo destrezas na manipulación do computador.

Días: Do 10 ó 28 de xuño (luns e venres)

Horario: 10:00 a 12:30 h

Duración: 15 horas

Descripción: Curso de 15 horas divididas en 6 días. Contidos fundamentalmente prácticos.

CURSO: “Aprende a crear documentos de maneira sinxela”. LibreOffice Writer

Tipo de actividade: Usando o LibreOffice Writter, o alumno adquirirá destrezas para a manipulación de textos, familiarizarase co entorno e ferramentas do mesmo, dar formato a textos, configurar tamaño, orientación e márgenes do documento, creación e uso de estilos de texto, incluir imágenes, añadir encabezados e pes de páxina……..

Destinatarios: Ciudadanía en xeral, que utilice con facilidade un ordenador (manexo do teclado e o ratón, apertura e cerre de programas, uso de cartafois….)

Días: do 10 ó 19 de xuño (luns e mércores)

Horario: 16:00 a 18:30 h.

Duración: 10 horas

Descripción: Curso de 10 horas divididas en 4 días. Contidos teóricos e, fundamentalmente prácticos

CURSO: “Manexo de memoria USB”

Tipo de actividade: Manexo de memorias USB.

Destinatarios: Cidadanía en xeral que posúa destrezas no manexo do computador e posúa un USB.

Días: 18 de xuño (martes)

Horario: 16:00 h a 19:00h

Duración: 3 horas

Drescripción: Curso de 3 horas con contidos fundamentalmente prácticos.

CURSO: “Retoca as túas fotos con GIMP”

Tipo de actividade: Curso multimedia de Retoque Fotográfico. Utilizando o programa GIMP adquiriranse unhas mínimas destrezas para a manipulación de retoque de fotografías.

Destinatarios: Cidadanía en xeral que posúa unhas destrezas mínimas no manexo dun computador e posúa un cámara dixital para a descarga de fotografías o computador e poder traballar con elas.

Días: 25, 26 e 27 de xuño (martes, mercores e xoves)

Horario: 10:00 a 13:00 h

Duración: 9 horas

Descripción: Curso de 9 horas divididas en 3 días. Contidos teóricos e prácticos.

7 de xuño de 2013 | 10:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.