publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta inicia o proceso expropiatorio para a mellora dunha interseción na estrada AC-511 ao seu paso por Vilarmaior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocalVilarmaior
A-
A+

O Consello da Xunta aprobou na súa reunión de hoxe a declaración de utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de mellora da intersección da estrada que une Campolongo con Montesalgueiro (AC-151), concretamente, no punto quilométrico 3+530, no concello coruñés de Vilarmaior. Esta actuación a levará a cabo a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) e o Goberno galego prevee rematar a obra no primeiro semestre de 2014.

Co fin de realizar esta obra, o Executivo autonómico fará unha achega de 240.000 euros, e ten un prazo de execución de catro meses. Ademais, beneficiará a case 1.500 habitantes do Concello de Vilarmaior e a súa área de influenza. Do importe total, a Xunta de Galicia dedicará case 65.500 euros para as expropiacións que afectan 6 fincas.

Este proxecto ten por obxecto a mellora da intersección, co obxecto de garantir a seguridade para os usuarios desa vía e, así, evitar riscos innecesarios para os veciños. Para elo, formúlase un desprazamento do punto de conexión, posto que o actual está situado nunha zona de pouca visibilidade.

Proponse construír unha variante do trazado actual, desprazando o punto de encontro coa AC-151, estrada pertencente á Rede Secundaria da Xunta de Galicia,  e trasladándoo ata o p.q. 3+590. Ademais, co fin de mellorar a visibilidade na nova conexión, procederase ao acondicionamento do noiro situado na marxe esquerda, diminuíndo a súa inclinación, de forma que non supoña un obstáculo para a visibilidade.

Características técnicas

Prantéxase ademais a execución dun novo camiño que dé acceso a varias fincas situadas no marxe da nova vía. Para esta actuación faranse dous carrís de tres metros e un camiño de servizo de 3 m. de ancho.

Farase unha escavación de 3.816 metros cúbicos; un terraplén e pedraplen de 7.743 m3; 1.330 m3 de solo selecionado; 1.256 m3 de demolicións; botaranse 305 toneladas de mestura bituminosa en quente. Finalmente, colocarase a iluminación pública e a drenaxe lonxitudinal; sinalización e balizamento

A situación existente obriga a unha inmediata actuación dos poderes públicos para facer fronte aos problemas de seguridade viaria, por elo é necesario proceder de xeito inmediato á execución do proxecto de referencia e, consecuentemente, a unha urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios, os cales aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

Competencias

De conformidade co artigo 16 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, a aprobación dos proxectos de estradas de titularidade autonómica implicará a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos correspondentes aos fins de expropiación, de ocupación temporal ou de imposición ou modificación de servidumes.

A competencia para declarar a urxente ocupación correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia tenor do previsto no artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas

13 de xuño de 2013 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.