publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta inicia o proceso expropiatorio dos terreos afectados pola mellora da estrada AC-151 en Vilarmaior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocalVilarmaior
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, anuncia hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto polo que se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola mellora da intersección existente no PQ 3+530, entre a AC-151 (Campolongo –  Montesalgueiro) e unha vía local. Este proceso expropiatorio afecta a un total de 6 predios cun custo de 65.400 euros.

A consellería que dirixe Agustín Hernández, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), co desenvolvemento desta actuación quere mellorar a seguridade vial dos usuarios de ambas vías e beneficiar aos 1.261 habitantes do concello de Vilarmaior.

Os traballos proxectados na estrada secundaria da Xunta de Galicia plantexan o cambio de trazado do acceso, así como o desprazamento do punto de conexión ao punto quilométrico 3+590, xa que o actual (PQ 3+530) está situado nunha zona de escasa visibilidade. A AXI tamén propón no proxecto a execución dun novo camiño de entrada a varias fincas situadas na marxe da nova vía.

O orzamento total que destinará a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para esta actuación é de 240.000 euros, e terán unha duración total de catro meses.

26 de xuño de 2013 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.