publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta e o Concello de Quiroga traballan de forma conxunta na reactivación do plan xeral de ordenación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocalQuiroga
A-
A+

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas Díaz, trasladoulle ao alcalde de Quiroga, Julio Álvarez Núñez, a colaboración do seu departamento para que este concello lucense poida acadar a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Así, o manifestou no decurso dunha reunión técnica que a representante da Consellería de Medio Ambiente mantivo co rexedor municipal, a que asistiron os técnicos das dúas administracións.

Na actualidade o municipio de Quiroga, que réxese por unhas normas subsidiarias de planeamento aprobadas en 1995, ten en trámite un PXOM contratado en 1997 sobre o que a Xunta xa emitiu un Informe previo a aprobación Inicial (IPAI) en abril de 2005, foi aprobado inicialmente en novembro de 2005 polo Pleno Municipal e conta cunha segunda aprobación inicial en febreiro de 2009.

Vindeiros pasos

A secretaria xeral de ordenación esbozou un calendario de traballo do documento que pasa por una nova aprobación inicial polo Pleno Municipal motivada polos cambios lexislativos que tiveron lugar durante o tempo que permaneceu parado.

Durante a exposición pública o concello deberá solicitar os respectivos informes sectoriais, os cales deben ser preceptivos e vinculantes. E a continuación incorporar no documento tanto as alegacións aceptadas durante o período de consultas, así como as resultas dos informes sectoriais. Previamente e antes de remitilo á Xunta para aprobación definitiva o PXOM debe de ser aprobado provisionalmente polo Pleno.

Axudas

Encarnación Rivas trasladoulle ao alcalde de Quiroga que o apoio da Xunta tamén se visualizará a través dunha nova achega económica de máis de 30.000 euros, que deberán engadirse aos case 80.000 euros que xa se levan abonados.

 

27 de xuño de 2013 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.