publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

“A nena e o grilo nun barquiño” chega a Piñor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaLocalPiñor
A-
A+

Dentro do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2013, chega ó Concello de Piñor o espectáculo musical A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO, dirixido a todos os públicos e con entrada de balde, o sábado 8 de xuño as 19 h na antiga escola de Cotelas.

No espectáculo, a música do creador Magín Blanco acompaña as aventuras da nena e mais do grilo, a través dun mundo máxico e cheo de aventuras, no que se fomentan valores como a solidariedade, o respecto á natureza ou a propia identidade. A dramaturxia, xunto coa música e o colorido dos vestiarios e escenografía crea unha aureola máxica na que os máis pequenos entrarán en contacto co galego, cargándoo de valores positivos.

Os personaxes irán vivindo singulares aventuras nas que se achegarán ó mundo dende a perspectiva dos nenos, sinxela e xenerosa.

Para coñecer máis do programa pincha aquí.

3 de xuño de 2013 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.