publicidade hoxe

VI edición do Festival de Teatro Escolar “TEATRAPA” en Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLaxeLocal
A-
A+

Despois dos diferentes desprazamentos realizados pola Escola de Teatro Municipal de Laxe para participar nos festivais de teatro organizados polos grupos de teatro de Touro, Palas de Rei e a Estrada durante os meses de abril e maio, chega o momento no que este festival teatral interescolar e de intercambio sexa vivido en Laxe. En concreto, durante a vindeira fin de semana, a primeira do mes de xuño, celebraremos no noso concello o que constituirá a VI edición do Festival de Teatro Escolar “TEATRAPA” coincidente, coma de costume, coa finalización do Curso da Escola de Teatro Municipal de Laxe que dito sexa de paso, durante este curso, tivo un total de 53 persoas inscritas, de idades comprendidas entre os 3 os 50 anos.
 
Durante esta fin de semana, os diferentes grupos de infantil, primaria e secundaria e incluso adultos integrantes da Escola de Teatro Municipal de Laxe, xunto cos actores e actrices invitados/as dos concellos cos que este ano estableceu intercambios: Palas de Rei, A Estrada e Touro, darán conta do traballo acadado durante este curso escolar grazas ao profesorado que na actualidade dirixe as obras en cada unha delas: Afonso García, do grupo Alentía Teatro.
 
Todas as actuacións programadas para esta fin de semana, terán lugar no Salón de Actos Municipal de Laxe e non suporán ningún custo para os/as asistentes ao mencionado festival.
 
O sábado 01 de xuño terá lugar o primeiro dos encontros teatrais no Concello de Laxe programados para esta fin de semana. Ademais de poder asistir ás actuacións dos grupos de infantil, primaria e secundaria de Laxe, poderemos disfrutar das actuacións dos mesmos grupos de idade das Escolas de Palas de Rei, Touro e Á Estrada.
 
A programación prevista para este día é a seguinte:
 
11:30 horas – Os grupos de teatro do CPI de Touro e Avelaíñas da Estrada presentan o obra “No Mundo da Fantasía”·
 
13:15 horas – Comezo do Roteiro teatralizado dende o atrio da Igrexa Santa María da Atalaia. Este ano coma novidade introdiciuse a posibilidade de representar teatro xa non só en espazos pechados senón rodeados dunhas condicións paisaxísticas e climatolóxicas que enriquecerían o acto, ademais de supoñer unha oportunidade para dar a coñecer e revalorizar o patrimonio natural e cultural do noso concello.

Se o tempo o permite, alumnado da Escola Municipal de Teatro de Laxe levará a cabo diferentes esceas teatrais ao ár libre dando lugar a un pequeno roteiro teatralizado que dará comezo na Igrexa Santa María da Atalaia. No caso de choiva, esta actividade veriamonos obrigados/as a suspendela.
 
18:00 horas. Durante algo máis de hora e media, retomaremos o fetival TEATRAPA no Salón de Actos Municipal coas actuacións dos grupos de teatro de Palas de Rei e Laxe que, representarán a obra denominada “Ficcións”.
 
O domingo 2 de xuño ás 19:00 horas, serán as persoas integrantes do Grupo de Adultos da Escola de Teatro Municipal de Laxe, con novos membros na seu elenco, as que representando a obra “Raíña da Escuma”, amosarán durante algo máis dunha hora os obxectivos e resultados formativos acadados durante estes últimos nove meses de funcionamento da Escola de Teatro.
 
Nunha ocasión máis, trátase dunha obra de carácter familiar, aberta a todo tipo de público, da que seguro, extraeremos máis dun sorriso.

28 de maio de 2013 | 12:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.