publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Termalismo Saudable 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BolaLocal
A-
A+

Está aberto o prazo de solicitude de prazas para o programa de TERMALISMO SAUDABLE 2013 da Deputación Provincial de Ourense.

Programa A: estanza en Balnearios, inclúe: duración 6 días/5noites, pensión completa con bebidas incluídas, 10 técnicas de balneario, animación sociocultural e recoñecemento médico á chegada. Balnearios ofertados:
- Balneario do Carballiño: 200€/persoa
- Balneario-Hotel Baños de Molgas: 170€/persoa
- Balneario Arnoia Caldaria: 190€/persoa
- Balneario Laias Caldaria: 200€/persoa
- Balneario Lobios Caldaria: 200€/persoa

Programa B: tratamento balneario, inclúe: duración 5 días e 10 técnicas de balneario sen estancia no establecemento. Balnearios ofertados:
-Balneario do Carballiño: 85€/persoa
-Balneario-Hotel Baños de Molgas: 85€/persoa

REQUISITOS:
- Ter máis de 50 anos, estar empadroado nalgún concello da provincia de Ourense, poder valerse por sí mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa.

DOCUMENTACIÓN:

- Fotocopia do DNI. do solicitante e do cónxuxe ou acompañante se procede.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Ata o 6 de xuño do 2013.

Interesados pasen polas oficinas do Concello para facer a súa solicitude.

16 de maio de 2013 | 10:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.