Ruta de Sendeirismo “Sendas de Trazo”
O Alcalde de Trazo inaugurou no día de hoxe a Ruta de Sendeirismo “Sendas de Trazo”, que comezou na parroquia de “Monzo” no Monte Pedroso onde se atopa a “Pedra Faladora”, José Dafonte deulle unha breve explicación aos 60 sendeiristas que acudiron a mencionada inauguración.
Esta ruta discorrerá por lugares de interese turístico como son a igrexa de Monzo e Restande, o Pazo de Vilacoba construído no século XV, o Santuario da Ermida e a súa fonte milagrosa, o CAstro de Lestrove, a Capela de San Xosé de Oa con máis de 300 anos de historia, os batáns de Oa de importante interese e tradición e finalmente rematarán na desembocadura do río Chonia no Tambre.