Próxima reunión de pais e nais
A vindeira reunión da ESCOLA DE NAIS E PAIS será o mércores 29 de maio de 2013 que tratará o seguinte tema: técnicas educativas de control e modificación de conductas negativas.
Poderán anotarse e participar nela todas aquelas nais, pais, titores/as, etc. que estén interesados/as.
HORARIO: De 11 a 12:30h.
LUGAR: Aula do baixo do Concello
Poden confirmar asistencia achegándose ao Concello ou chamando ao 988451293 (preguntar pola Educadora).