publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Programas integrados para o emprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPaderne
A-
A+

Continuando na súa procura de desenvolver accións de cooperación e colaboración co fin de acercar servizos que favorezan a inserción no mercado laboral da súa cidadanía, o Alcalde de Paderne asinou un convenio xunto cos alcaldes de Betanzos e Coirós para agruparse coa finalidade de solicitar os programas integrados para o emprego nos anos 2013 e 2014 segundo a convocatoria publicado no DOG pola Consellería de Traballo e Benestar. 

Neste sentido, como entidades conxuntamente beneficiarias, persoas dos concellos de Paderne, Coirós e Betanzos poderán participar nos  cursos de formación a desenvolver no Centro de Formación Ocupacional do Concello de Betanzos, coa posterior parte práctica nos respectivos concellos, naquelas especialidades que finalmente se poidan impartir.

24 de maio de 2013 | 10:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.