publicidade hoxe

Premio a Xermade polo desenvolvemento logrado coa enerxía eólica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaXermade
A-
A+

O premio, que este ano se convoca por segunda vez, consiste na gravación dun vídeo que reflectirá, segundo a información facilitada hoxe pola asociación que promove a iniciativa, «os beneficios» obtidos en Xermade coa enerxía eólica. O video proxectarase na Convención Eólica, reunión que a citada asociación prevé levar a cabo en Madrid os días 12 e 13 de xuño. Ademais, segundo os datos facilitados, Xermade será sede dos actos do Día Mundial do Vento, que terán lugar o 15 de xuño.

Xermade, cunha poboación que supera lixeiramente os 2.000 habitantes, ten tres parques eólicos cuxa potencia total é de 82 megavatios.

8 de maio de 2013 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.