publicidade hoxe

Os alcaldes de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama asistiran ao acto de graduación que se celebra mañá no instituto caldelano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LamaFornelos de MontesLocalPonte Caldelas
A-
A+

Os alcaldes de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez; Fornelos, Emiliano Lage, e A Lama, Jorge Canda, asistirán ao acto de graduación dos alumnos e alumnas de bacharelato do IES ponte Caldelas que terá lugar mañá venres, a partir das 19 horas, no salón de actos do centro educativo.

Un total de 21 alumnos, 7 deles nenas, recollerán as orlas e os diplomas acreditativos de que finalizaron con éxito o seu proceso formativo de mans dos tres rexedores locais nun acto organizado pola Asociación de Nais e Pais (ANPA) de ponte Caldelas.

Ademais das intervencións dos alcaldes, as autoridades escolares dirixiranse aos alumnos presentes para facer un balance do proceso formativo levado a cabo no centro e do que foron protagonistas estes 21 alumnos dos municipios de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama.

Un par de representantes dos alumnos homenajedos tomará a palabra e o acto culminará cun festival musical preparado pola comunidade escolar par conmemorar este evento.

Este acto de fin de periplo educativo culminará co desfrute dun aperitivo que servirá de motivo de convivencia e despedida destes alumnos que iniciarán agora un novo proceso formativo.

23 de maio de 2013 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.