publicidade hoxe

O telecentro celanovés fai entrega dos certificados aos asistentes a cursos de formación en alfabetización dixital

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanovaLocal
A-
A+
Entrega de diplomas aos participantes

Entrega de diplomas aos participantes

O Alcalde de Celanova, José Luís Ferro, participou na entrega de diplomas conseguidos polos alumnos da aula CeMIT do Concello de Celanova tras a asistencia a cursos de formación en Alfabetización Dixital impartidos durante o mes de Abril.

Jose Luis Ferro fíxolle entrega dos diplomas conseguidos aos asistentes ós cursos durante o mes de Abril, aproveitou o acto para animar ós participantes, a novos usuarios da aula e así como a todos os veciños da vila, a continuar na aprendizaxe e no uso das novas tecnoloxías, mencionando o importante que son na vida cotián, non só da xuventude senón de tódolas idades.

Durante o mes a aula CeMIT dedicou un total de 50 horas de formación. Impartíronse cinco cursos de Alfabetización Dixital de diferentes temáticas, 2 de “Iniciación a Informática” en dúas quendas de mañá e tarde, 1 de “Creación e manexo dunha conta de correo electrónico” e outro “Redes Sociais: Facebook” e para finalizar o mes realizouse o curso de “Crea o teu Curriculum Vitae” enfocado a desempregados. En total ofertáronse 53 plazas das que se matricularon un total de 46 e finalizárono 43 deles.

O Concello de Celanova, a través da aula CeMIT, quere agradecer a todos os asistentes a súa dedicación para o aprendizaxe e potenciar a importancia de coñecer ou actualizarse no manexo das novas tecnoloxías, e animar a novos usuarios a formarse neste campo.

15 de maio de 2013 | 12:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.