publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Pemento de Mougán chega á última fase para a inscrición como Indicación Xeográfica Protexida

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuntínLocalLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se adopta a decisión favorable en relación coa solicitude de inscrición da indicación xeográfica protexida Pemento de Mougán no rexistro comunitario de denominacións de orixe protexidas e indicacións xeográficas protexidas. Desta forma, o Pemento de Mougán chega a última fase para ser recoñecido como IXP a nivel europeo.

Tras darlle publicidade a dita solicitude no DOG o pasado 21 de novembro de 2012 e sen que se formulase ningunha oposición ao rexistro da modificación do prego de condicións da indicación xeográfica protexida Pemento de Mougán, considerouse que a solicitude presentada cumpría as condicións e requisitos establecidos polo Regulamento europeo. Para a tramitación da citada inscrición, esta resolución será comunicada ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para a súa transmisión á Comisión Europea.

Prego de condicións
Os pementos amparados pola indicación xeográfica protexida (I.X.P.) Pemento de Mougán son os froitos da especie Capsicum annuum,L., sendo a súa área de produción a constituída pola totalidade do municipio de Guntín en Lugo. Precisamente o nome da denominación, “Mougán”, é un nome xeográfico que se corresponde coa parroquia do concello de Guntín, dende onde partían no transporte público os pementos destinados ao mercado da capital.

O Pemento de Mougán ten un froito semicartilaxinoso, de cor verde en estado de inmadurez e vermello en estado maduro. O froito é cadrado cun peso que oscila entre os 6 e 15 gramos por unidade. A súa carne é de textura fina e substanciosa, de sabor doce, lixeiramente herbáceo e, ás veces, picante.

29 de maio de 2013 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.