publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Máis de 600 alumnos de colexios de Laxe, Cabanas e Ponteceso participan no programa “Conciencia”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanasGaliciaLaxeLocalPonteceso
A-
A+

Un total de 620 alumnos dos colexios de educación infantil e primaria dos concellos de Laxe, Cabanas e Ponteceso participarán, durante a xornada de hoxe e de mañá, nas actividades do programa Conciencia, que promove a Fundación Eduardo Pondal, en colaboración co Instituto de Estudos do Territorio.

Este departamento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas colabora co desenvolvemento de actividades formativas e a elaboración de material didáctico que teñen como fío condutor a paisaxe. Nesta actividades destaca, ademais da participación do alumnado de infantil e primaria, a colaboración e participación do profesorado, que neste caso suma máis de 80 docentes.

Ao longo das dez actividades organizadas, os técnicos do Instituto de Estudos do Territorio explicarán dende o miradoiro de Monte Branco as claves para interpretar a paisaxe  ao alumnado. Cómpre destacar que se tomará como referencia ao escritor Eduardo Pondal e o seu poema Os pinos, que é o himno de Galicia e foi inspirado nesta paisaxe.

Dende este punto os rapaces poderán gozar dunha paisaxe natural, rural e en equilibrio, onde os animais e as plantas se mesturan coa auga do esteiro do Anllóns, coa montaña e coa area da Barra. Os técnicos tamén lles explicarán aos rapaces a entender a distribución do espazo, para poder percibir unha paisaxe panorámica no confín dos verdes castros.

7 de maio de 2013 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.