publicidade hoxe

III Congreso Natureza e Imaxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondoArteixoBergondoBetanzosCambreCarralCulleredoLocalOleirosSadaXuventude
A-
A+

Por terceiro ano O CEIDA pon en marcha o Congreso Natureza e Imaxe, dirixido a todo o público pero, de maneira especial, aos profesionais e afeccionados á fotografía. O obxectivo é presentar a fotografía como unha ferramenta clave para dar a coñecer á cidadanía a importancia dos recursos naturais que nos rodean e a necesidade de conservalos. Preténdese, así mesmo, estimular a práctica fotográfica responsable entre os asistentes.

Durante todo o mes de maio e xuño de 2013 diferentes exposicións, conferencias, cursos, obradoiros e outras actividades relacionadas coa fotografía ou coa ilustración da natureza desenvolveranse nos concellos da Comarca da Mariñas.

Datas: Maio e xuño de 2013
Lugar: Diferentes concellos da Comarca das Mariñas: Concello de Abegondo, Concello de Carral, Concello de Culleredo, Concello de Arteixo, Concello de Bergondo, Concello de Sada, Concello de Cambre, Concello de Betanzos, Concello de Oleiros
Colabora: Foto Artús.
Organiza: CEIDA. Patrocina: Consorcio das Mariñas

Actividades:

4-5 maio: Curso de Iniciación á Fotografía Dixital da Natureza. Javier Puertas.
Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros). Máis información e inscrición

9-10 maio: Obradoiro de Fotografía. Prácticas no medio natural. Fran Nieto.
Lugar: Xardín Botánico Ría do Burgo (Culleredo). Máis información e inscrición

1 xuño: Test de Biodiversidade.
Lugar: Encoro de Cecebre (Abegondo).

8 xuño: Obradoiro de Fotografía. Prácticas no medio natural. Fran Nieto.
Lugar: Centro Cívico Cultural de Arteixo.

9 xuño: Ciclo de proxeccións audiovisuais.
Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros). Horario: de 10 a 20 h.

Máis información en www.ceida.org

6 de maio de 2013 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.