publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Entrega de premios aos gañadores do V Concurso de marcapáxinas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalZas
A-
A+
Gañadores do V Concurso de marcapáxinas

Gañadores do V Concurso de marcapáxinas

A tarde de hoxe, sábado 18 de maio tivo lugar no Centro Sociocultural de Zas a entrega dos agasallos para os traballos seleccionados que se presentaron ó V Concurso de marcapáxinas que as bibliotecas do Concello de Zas convocaron para os/as escolares do Concello de Zas. 

Foron presentados un total de 171 traballos dos que foron seleccionados os de:

CATEGORÍA A (ata 5 anos): Pedro Pastoriza Bargo (CEIP Labarta Pose de Baio) e Laura García Martínez (CPI de Zas)

CATEGORÍA B (De 1º A 5º de Primaria): Uxío Ferreiro Suárez (CPI de Zas) e Flavian Iotu Alim (CPI de Zas)

CATEGORÍA C (De 6º de Primaria ata 4º da ESO):Paula Soneira Martínez (CPI de Zas) e Martín Romero Romero (CEIP Labarta Pose de Baio)

A continuación, o acto contou cunha Foliada grazas á participación do grupo Churía da A.C. Castro-Meda de Zas.

Finalmente, rematouse cunha queimada para os/as maiores.

18 de maio de 2013 | 20:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.