publicidade hoxe

Entrega de diplomas do curso de formación ocupacional de montaxe de mobles en Forcarei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaForcareiLocal
A-
A+
Entrega de diplomas aos participantes

Entrega de diplomas aos participantes

O Concello de Forcarei entregou hoxe ás 12 do mediodía no salón de actos municipal os diplomas de aptitude do curso de  Formación ocupacional de Montaxe de mobles e elementos de Carpintería para persoas desempregadas que se impartiu nas instalacións do obradoiro de Emprego da Freixeira o pasado ano.

O curso  rematou con 13 alumnos, que obtuveron a calificación de apto polo que realizaron xa a través do propio Concello os trámites necesarios para a solicitude do certificado de profesionalidade que os capacita para traballar na ocupación, despois de realizar 458 horas lectivas de formación teórico-práctica no centro de formación e 80 horas en empresas de carpintería  da comarca.

Durante a acción formativa os alumnos aprenderon a elaborar e montar diferentes tipos de mobiliario tanto de madeira como de taboleiro, coñecementos que puideron poñer en práctica durante a súa estancia nas empresas do sector.

 Ademais da formación específica os alumnos tamén recibiron formación en riscos laborais que lle da acceso á obtención da Tarxeta laboral da Construción, obligatoria para aqueles participantes que nun futuro realicen tarefas de carpintaría en obra.

Cabe subliñar que no desenvolvemento do curso se produciron 3  incorporacións laborais,  e 2 máis ao remate do mesmo. Dato moi positivo, tendo en conta a situación actual do mercado de traballo.

3 de maio de 2013 | 13:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.