publicidade hoxe

Curso de Elaboración de proxectos de animación sociocultural e turística no Espazo Xove de Chantada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantadaLocalXuventude
A-
A+

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca un curso de Elaboración de proxectos de animación sociocultural e turística no Espazo Xove de Chantada ,  dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil 2013.

Obxetivos: o obxectivo deste curso é que os participantes acaden os coñecementos necesarios para elaboraren proxectos de animación sociocultural e turística.

Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove.

Criterios de selección: a selección virá dada pola orde de presentación de solicitudes, tendo prioridade os destinatarios indicados anteriormente.

Número de horas: 26

Nº de prazas: 30

Contidos:

Identificar as necesidades do sector produtivo e relacionalas cos proxectos tipo que as poidan satisfacer; deseñar proxectos, incluíndo e desenvolvendo as fases que os compoñen; planificar a execución do proxecto, determinando o plan de intervención e a documentación asociada e definir os procedementos para o seguimento e o control na execución do proxecto, xustificando a selección de variables e os instrumentos empregados.

Metodoloxía: O curso será impartido en modalidade on-line.

Datas de realización: do 3 ao 27 de xuño de 2013.

Prazo e lugar de inscrición: O prazo de presentación de solicitudes remata  ás 14 horas do 22 de maio de 2013.

2 de maio de 2013 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.