publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cores Tourís comproba as melloras executadas polo Concello das Neves no punto limpo do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs NevesGaliciaLocalLocal PortadaPontevedraProvincias
A-
A+
Cores Tourís con Emilio Castro

Cores Tourís con Emilio Castro

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou en As Neves as obras realizadas para mellorar o punto limpo e as fosas sépticas do municipio, acompañado polo alcalde da vila, Emilio Castro.

Esta obras, que supuxeron un investimento total de 53.555,79 euros, foron sufragadas grazas a unha axuda aportada pola Consellería de Presidencia a través do Fondo de Compensación Ambiental.

Neste caso, destináronse 30.300 euros a adquisición e colocación de novos equipamentos no punto limpo do municipio, a mellora da zona de carga e descarga do mesmo e das luminarias.

En concreto, segundo explicou o alcalde da localidade, co fin de mellorar o funcionamento do punto limpo instaláronse 10 novos contedores para a recollida de vidro e tamén se instalaron casetas para uso de almacén, oficina e aseos. “Ademais, co fin de facilitar as labores de carga e descarga dos residuos depositados neste lugar construíuse un peirao de carga e se instalaron varias luminarias para mellorar a seguridade do entorno”, explicou Castro.

José Manuel Cores Tourís, pola súa banda, destacou a labor desenvolvida neste lugar xa que permitirá “mellorar un lugar que facilita a recepción e recollida selectiva de residuos producidos no ámbito familiar e que necesitan unha xestión específica, axudando así a reciclar aos veciños e a coidar do medio ambiente evitando a aparición de vertedoiros incontrolados”.

Grazas a subvención aportada pola Consellería de Presidencia, tamén se destinaron 7.552 euros para obras de mellora en fosas sépticas e outros 15.694 euros para gastos de funcionamento e mantemento da EDAR.

O Fondo de Compensación Ambiental foi unha iniciativa posta en marcha en 2010 polo Goberno galego que permitiu por vez primeira aos concellos galegos beneficiarse directamente da explotación de enerxía eólica en Galicia; posto que se financia a través do canon eólico. Esta liña de axudas permite aos concellos sufragar actuacións que revistan natureza produtiva e xeradora de emprego. Desde que se puxeron en marchas as axudas, máis de 220 concellos de toda Galicia se teñen beneficiado delas; permitindo que os cidadáns sexan beneficiarios directos das explotacións eólicas.

No caso dos concellos correspondentes á Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, o investimento aportado a través desta liña de axudas roldou o millón e medio de euros, segundo apuntou Cores Tourís. En Galicia, en total, superou os 10 millóns.

Coma novidade, o ano pasado a Orde do Fondo de Compensación Ambiental 2012 incentivou por primeira vez os proxectos de xestión compartida entre concellos para a realización de actuacións destinadas á conservación, reposición e restauración do medio ambiente e reequilibrio territorial.

9 de maio de 2013 | 19:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.