publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cores Tourís analizou co alcalde das Neves as necesidades dos colexios do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs NevesGaliciaLocalPontevedraProvincias
A-
A+
Cores Tourís na visita ao centro

Cores Tourís na visita ao centro

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, analizou esta mañá, xunto ao alcalde de As Neves, Raúl Emilio Castro, as necesidades dos centros educativos de Infantil, Primaria e Secundaria do municipio.

Na reunión estiveron acompañados polo xefe territorial de Cultura e Educación, César Pérez Ares.

José Manuel Cores Tourís destacou a colaboración existente entre ambas administracións para levar adiante as obras que se realizaron ata o momento nos colexios do municipio, “polo que continuaremos a traballar neste mesmo senso, de cara a atallar as demandas e necesidades dos centros educativos de As Neves”.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra recordou que dende 2009 investíronse arredor de 180.000 euros nos colexios deste municipio.

Así, destacou os 44.000 euros destinados ao CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, onde se repuxo o falso teito e se levou a cabo unha reforma da instalación de calefacción, así como os 98.000 euros destinados ao IES Pazo da Mercé.

José Manuel Cores Tourís agradeceu que o concello “estea constantemente preocupado pola mellora dos centros educativos” e neste senso, destacou a súa colaboración coa aportación de man de obra para o pintado da carpintería interior e demais melloras que se están a realizar neste colexio.

En canto ao instituto, executáronse varias reparacións por actos vandálicos, a reposición e reparación da cuberta, así como a reparación de persianas, entre outras melloras.

Neste centro de Secundaria, ademais, estanse a investir nestes intres 30.000 euros co obxectivo de reparar un muro de contención que se danou a raíz da presenza de auga na zona polos problemas que sofren unhas bocas de rego. A obra de reposición deste muro comezará nuns días.

23 de maio de 2013 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.