publicidade hoxe

Concurso literario “A túa mellor cara” en Vilasantar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilasantar
A-
A+

06052013-20O Concello de Vilasantar organiza con motivo do Día das Letras Galegas, o concurso literario “A túa mellor cara” no que poderán participar todos os amantes da lectura sen límite de idade.

As bases do concurso establecen que os traballos, de tema libre, estarán redactados en lingua galega, cunha extensión máxima permitida de unha folla de tamaño normal (A4) por unha soa cara.

Establécense 4 categorías cos seus respectivos premios:

A) Ata 10 anos.

B) De 10 a 14 anos.

C) De 14 a 18 anos.

D) Maiores de 18 anos.

Os premios establecidos por categorías inclúen:

– Categoría A: 1º bicicleta, 2º vale de 50 € libraría e 3º vale 25 € libraría.

– Categoría B: 1º reproductor mp4, 2º vale de 50 € libraría e 3º vale 25 € libraría.

– Categoría C: 1º libro electrónico, 2º vale de 50 € libraría e 3º vale 25 € libraría.

– Categoría D: Libro electrónico.

A entrega dos traballos efectuarase antes do 13 de maio de 2013 na Biblioteca de Vilasantar, ou en biblioteca@vilasantar.com. Serán anónimos e entregaranse acompañados dunha folla á parte cos seguintes datos: título ou primeira liña da composición, nome apelidos, categoría, enderezo e número de teléfono.

Un xurado, designado polo Concello de Vilasantar, escollerá os textos premiados sen coñecer a autoría. Os textos presentados pasarán a ser propiedade do Concello.

O acto público de entrega de premios no que todos os participantes recibirán un agasallo terá lugar o 15 de maio de 2013, ás 16.30 h. no colexio de Présaras.

6 de maio de 2013 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.