publicidade hoxe

Clausura e cea de actividades de adultos do curso 2012-2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPaderne
A-
A+

O venres 7 de xuño ten lugar a clausura de actividades de adultos ás 20:30 horas na explanada do centro de saúde ,  nun dos laterais da Casa Consistorial.

Durante  o curso de outubro a maio, as actividades ofertadas para tódolos veciños maiores de dezaoito anos foi moi variada.  As clases impartíanse nos distintos locais municipais e na Casa do Concello atendendo á demanda dos veciños. Houbo grupos de pintura e manualidades, cestería, informática (iniciación e perfeccionamento), inglés (básico e avanzado), bailes de salón, pilates, aerobic, ximnasia de mantemento e memoria.

O acto de clausura estará presidido polo Alcalde, e contará coa presencia dos monitores e das persoas que asistiron as actividades durante o curso; o tempo que realizarán varias exhibicións  que serán do agrado de tódolos asistentes.

Ó finalizar terá lugar a cea, a que poderán asistir todas aquelas persoas que participaron  nas actividades neste curso que agora remata. O prazo para anotarse será ata o martes 4 de xuño.

24 de maio de 2013 | 10:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.