publicidade hoxe

Arbo festexa esta fin de semana a LIII Festa da Lamprea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArboCalendarioLocal
A-
A+

03052013-1O Concello de Arbo acolle esta fin de semana a LIII Festa da Lamprea, un manxar que poderá degustarse preparado de diferentes xeitos que aproveitarán toda a súa calidade e sabor.

As actividades que se desenvolverán durante as xornadas festivas, do 3 ao 5 de maio incluirán diversas actividades lúdicas e culturais nas que destaca a Mostra de Degustación da Lamprea e do Viño da D.O. Rías Baixas. De feito, esta combinación responde ao Túnel do Viño en Arbo que se desenvolverá simultáneamente ao festexo gastronómico e que ofrece a posibilidade de degustar todos os viños das adegas da D.O. Rías Baixas de Arbo co apoio e as explicacións dun somelier profesional. Unha oportunidade única para coñecer en profundidade as características dos viños que se elaboran no Condado a un prezo de 10 euros.

Non obstante, e aínda que as celebracións con motivo da LIII Festa da Lamprea se veñen sucedendo dende o mes de abril, esta noite darase o pistoletazo de saída ás festas co I Serán da Lamprea, a partires das 22.00 h. con Anxo Lorenzo como artista convidado.

Para acceder ao programa completo pincha aquí.

3 de maio de 2013 | 13:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.