publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta licita a reparación do firme en varias estradas ao paso polos concellos da Baña, Camariñas, Carnota, Negreira, Santa Comba e Vimianzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BañaCamariñasCarnotaGaliciaLocalNegreiraSanta CombaVimianzo
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de licitar o proxecto de reforzo do firme nunha serie de treitos de varias estradas da provincia da Coruña co fin de mellorar a seguridade viaria nestas vías.

A Xunta de Galicia achega un importe económico de máis de 594.000 euros para a optimización destas infraestruturas viarias.

O obxecto do presente proxecto é executar una serie de reparacións estruturais e superficiais que permitan prolongar a vida útil da rodadura ademais de mellorar a seguridade vial nos seguintes treitos:

 - AC-400 Santa Comba- Pereira (Pk 55+000-63+000), no Concello de Santa Comba.

- AC-432 Travesía de Vimianzo (PK 0+000-1+000)

- Travesía de Ponte do Porto (9+200-9+500).

- AC-546 Negreira- Pereira (5+000-15+000), ao seu paso polos concellos de Negreira, A Baña e Santa Comba.

- AC-550 Travesía de Cee (0+000-2+500)

- Travesía do Pindo (10+500-11+300)

Os traballos centraranse en accións de fresado, estendido de betún asfáltico e formigón bituminoso, así como na reposición de sinalización, balizamento e defensas.

Estes traballos, cuxo prazo de execución é de 6 meses, benefician a máis de 47.700 habitantes dos concellos da Baña, Camariñas, Carnota, Negreira, Santa Comba e Vimianzo.

Con estas actuacións, o departamento que dirixe Agustín Hernández pretende proporcionar aos cidadáns unha rede viaria cómoda e segura que evite a sinistralidade. Por outra banda, foméntase o desenvolvemento económico e social dos concellos da comunidade galega.

8 de maio de 2013 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.