publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Coordinadora de Traballo en Rede Barrio de Conxo – Milladoiro organizou unha charla sobre a Lei do Menor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSantiago de Compostela
A-
A+

A Coordinadora de Traballo en Rede Barrio de Conxo – Milladoiro continúa coas actividades dirixidas a nais, pais, profesorado e educadores, baixo a idea da importancia que teñen a familia e os profesionais da educación como axentes de socialización. Neste marco celebrouse no IES Eduardo Pondal a charla Programa Ktorce-18. A Lei do Menor, impartida por Ana Pérez Figueroa, educadora social e coordinadora da área de reforma da asociación Arela. A charla estivo enfocada no principio de prevención, fronte ao risco de que os fillos e fillas caian en comportamentos infractores, e na necesidade de límites e normas. Co Programa Ktorce-18 preténdese achegar a Lei 5/2000, reguladora da responsabilidade penal dos menores, aos seus protagonistas: os adolescentes e as súas familias.

A relatora tratou cuestións como a chegada a un xulgado de menores, as medidas xudiciais que se poden impoñer a un menor de idade, os delitos máis frecuentes cometidos entre menores de idade, o papel da familia, as consecuencias para os pais (responsabilidad civil) ou os lugares a onde dirixirse en caso de problemas.

7 de maio de 2013 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.