publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xornadas do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) en Paderne

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPaderne
A-
A+

O pasado mércores 24 de Abril, a partir das 10.00 horas,  celebrouse no Concello de Paderne a xornada “Unha aposta polo emprendemento no sector agroalimentario e os productos locais”, na que se presentaron iniciativas emprendedoras no territorio.

A  mesma, finalizou coa entrega de certificacións da formación de manipulador de alimentos  ós participantes do Programa Integrado para o Emprego Rural-Emprega por parte de César Longo Queijo, Alcalde do Concello de Paderne e Vicepresidente da Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas-Betanzos”.

Como remate, os participantes puideron participar dun almorzo ecolóxico elaborado por emprendedores da zona.

30 de abril de 2013 | 13:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.