publicidade hoxe

Vilar de Santos organiza un curso de atención domiciliaria para persoas dependentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilar de Santos
A-
A+
Explicación do curso aos participantes

Explicación do curso aos participantes

O Concello de Vilar de Santos organiza un Curso de Atención Domiciliaria para persoas dependentes, cun total de 35 horas, teóricas e prácticas a realizar no Programa de Axuda no Fogar do Concello e tamén no Centro de Día de Vilar de Santos. Contempla unha atención individualizada de cada alumno. Participan 10 persoas. O curso planificouse en colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

A finalidade do curso é realizar un achegamento aos coidados para as persoas dependentes destinado a coidadores non formais ou a persoas susceptibles de selo, ou tamén para aquelas persoas que queren orientar o seu futuro como unha posible saída laboral. Pretendemos ofrecer formación básica na atención a persoas maiores en domicilios e institucións, para que posteriormente aquelas persoas interesadas, poidan realizar os cursos homologados que outorgan o certificado de profesionalidade para poder exercer dita profesión como saída profesional, xa que a Atención Sociosanitaria e o coidado de persoas dependentes é unha das areas con mais saídas laborais e de creación de emprego.

No curso, estudaranse diversas temáticas, a desenvolver polos diferentes profesionais do Concello e mais do Centro de Día de Vilar de Santos. Entre os contidos a tratar destacan o funcionamento do Servizo de Axuda no Fogar, a vellez, a dependencia, a autonomía persoal, as habilidades sociais, as demencias e a enfermidade do alzheimer, os coidadores, o aseo persoal e hixiene, as mobilizacións, o tratamento de patoloxías e xerontoximnasia e a nutrición e a alimentación.

Para a clausura do curso realizarase unha xornada de cine – forum, coa proxección dunha película e posterior coloquio que trate algunha das problemáticas do curso. Posteriormente entregaranse os diplomas aos participantes.

Esta actividade formativa enmarcase no Plan de Igualdade e Benestar posto en marcha polo Concello. Un plan estratéxico que se ven aplicando nos últimos anos e co que modernizamos e configuramos os servizos sociais comunitarios como un servizo público esencial garantido polo concello, coa adopción de medidas, programas e actividades desde unha concepción global, transformadora e integradora de toda a poboación, é dicir, un instrumento fundamental no avance do benestar e da calidade de vida e da integración e cohesión social.

Dentro das actividades previstas, ao longo do ano continuará a oferta formativa e divulgativa con charlas, conferencias e ponencias acerca de temas de especial interese relacionados cos servizos sociais.

18 de abril de 2013 | 15:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.